Marta Dacosta Alonso (Vigo, 29 de septiembre de 1966)
Licenciada en filoloxía galego-portuguesa e docente en Ensino Medio. Adoita ser clasificada na Promoción dos 90, por ter publicado a súa primeira obra nesa década.
NESTA PEL de ameixa que me cobre
medrei desde o xardín da miña infancia.
Cando a casa pechou mudei o vento.
Aínda teño a carne madura das ameixas
e son auga e xarope en acedume.
. . . . . .
SOMOS DE luz, de vento, de miseria,
breves camiños na distancia dos días,
pedras de sal esquecidas nas rúas
silenciadas e lentas.
As horas non son. Non abondan os pasos
e os soños sumados tan só ven unha noite,
levamos nas mans as flores do pasado
que non duran o instante que as percorre.
Somos de luz, de vento, de miseria
breves camiños de sal nas rúas ermas.*
Fundamentalmente poeta, ten editados os seguintes libros: Crear o mar en Compostela, 1994 e 2004, Pel de ameixa, 1996, Setembro, 1998, En atalaia alerta, 2000, As Amantes de Hamlet, 2003, Cinza, 2009, Acuática alma, 2011, Argola, 2013, Dun lago escuro, 2014, Na casa da avoa, 2017.
Recibiu os premios de poesía González Garcés 1995, Martín Códax 1998, O Figurante 2013 e Joam Carballeira 2013, entre outros.
A súa obra figura en diferentes publicacións colectivas, entre elas Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina, Negra Sombra, intervención poética contra a marea negra, ou Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero. Tamén aparece recollida en antoloxías como: Para saír do século, nova proposta poética, Ed. Xerais, dEfecto 2000, Letras de Cal, Novas Voces da Poesía Galega, Consello da Cultura Galega, Veinte puntos de fuga, do Ministerio de Cultura de Venezuela, Antología de Joven Poesía Gallega do portal www.enfocarte.com, Compañeira tristeza, do Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, Poetes gallecs d'avui, Llibres del Segle, Metamorphoses, vol. 22, Galician poetry, Massachussetts, nestas antoloxías poemas da súa autoría foron traducidos ao español, catalán, ruso e inglés.
Publicou tamén o libro de viaxes Baixo Miño 2009, os textos do proxecto Un mar de mulleres 2010.
Ten participado en encontros literarios internacionais en Brasil, Cuba ou Irlanda. Colabora como articulista con diferentes medios de comunicación e neles publicou series de artigos como: “A muller que le”: http://www.terraetempo.gal/artigos_colaborador.php?colaborador=216
Investigou sobre a sintaxe do galego medieval. A súa reflexión literaria se ten centrado no papel da muller escritora, na súa xeración ou no significado simbólico do mar na poesía galega e ten publicado estudos sobre a obra de diferentes poetas galegos.
Algúns dos seus poemas foron musicados:
Balada das costureiras esquecidas por Carme Penim: https://vimeo.com/235183641
Torrente feminino (fragmento) por Xardín desordenado: https://soundcloud.com/xardin-desordenado-1/o-torrente-feminino-marta-dacosta
Páxina na Asociacións de Escritoraes en lingua galega: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/marta-dacosta
Caderno persoal na rede: http://www.blogoteca.com/acuatica07/index.php
Cicatrices: https://www.youtube.com/watch?v=-2EqVxRNPAI
Tensy Gesteira Estevez en Lecturafilia:
"Os poemas de Marta son un combate continuo, e son de obrigada lectura para que o mundo non se aletargue, para que sigamos loitando contra todo o que se nos impuxo e que en realidade non nos identifica: unha loita contra o silencio, contra a violencia, contra ser alguén diferente…"
"Sempre convén lembrar, recuperar a memoria. E de verdade que cada día valoro máis esta poesía combativa, na que os puños equivalen ás palabras, e as armas son os versos que disparan na nosa conciencia para non deixarnos indemnes e provocar unha inminente reacción."
María Reimóndez, na plataforma de crítica A sega:
"A de Dacosta é unha memoria que se rebela, que se nega a construír a casa do pai e do esposo, que por fin dá voz ás traballadoras que quedaron só na imaxe, coma as mulleres retratadas en cadros, fotografadas (por Ruth Matilda Anderson, por María Caldarelly) e nesa voz rescata a artista e o obxecto para facer de ambas, suxeito.
Mais se cadra a rebeldía máis intensa é aquela que, seguindo a Rosalía de Castro en Cantares, toma o que outros denominaron feo e inútil e faino fermoso: dende Guillermina que baila entre o granito coma flores ata o corpo envellecente das mulleres. Un corpo polo que pasa o tempo non para condenalo, como nos din todas as mensaxes que nos rodean, senón para amosar coas súas cicatrices que “venceu”."
25-11-2017
Neste mesmo momento, todas somos vítimas de violencia, en todas e cada unha das nosas actividades
Penélopes condenadas
No outubro pasado, a Feira de arte contemporánea de Londres, Frieze, acollía a obra de artistas plásticas como Mary Beth Edelson que levan desde os anos 70 trasladando unha mensaxe de combate contra o patriarcado a través da súa obra. Edelson representa mulleres que nos lembran unha deidade feminina que se opón ao poder do falo, deseñando así un chanzo para camiñarmos cara o noso empoderamento. Esas fotografías resultaban demasiado impactantes onte e hoxe, porque seguimos tendo unha mentalidade enferma en que non vemos con naturalidade unha muller espida (ou un home) nas paredes dun museo, nas páxinas dun medio de comunicación ou nunha pantalla de ordenador, mais permitimos a violencia social exercida sen límites contra a vítima dunha violación. E isto porque seguimos a ser vítimas da ideoloxía patriarcal, nunha sociedade que, como a deusa Minerva, tapa a cara co seu escudo para non ver a violación de Medusa. Por iso nosoutras seguimos furiosas como a fermosa moza castigada cunha cabeleira de serpes despois de ter sido violada. Nos 90, Mary Valentis e Anne Devane escribían en A furia feminina. Desvelando os seus segredos, integrando o seu poder: “Cando unha muller é demasiado fermosa corre o risco de ser violada, se a violan enfurécese, e iso faina horrorosa...” e esa “aparencia marcada pola furia (o castigo de Medusa) é socialmente inaceptábel para moitas mulleres...”. E aínda así estamos.
A violencia campa ás súas anchas. Na actualidade, cada día, neste mesmo momento, todas as mulleres sufrimos violencia de xénero. Desde o momento en que somos ninguneadas e infravaloradas con cualificativos clásicos como “histéricas” ou facendo referencia aos nosos ciclos hormonais ou vida sexual, estamos sufrindo violencia, porque esas consideracións que atinxen ao noso traballo e á nosa vida están motivadas polo único feito de sermos mulleres e teñen por obxecto denigrarnos e degradarnos psicoloxicamente para impedir que continuemos coa función que viñamos a realizar.
Estas semanas, cada vez que prendo o televisor, a radio ou as redes sociais, sinto a violencia. A violencia de que as mulleres sexamos xulgadas sempre pola nosa forma de vestir, polos lugares aos que imos ou polas horas ás que andamos, sen presunción de inocencia. Sinto unha man que tenta collerme pola caluga e dicirme que teño que seguir tendo o mesmo medo que cando era adolescente e atravesaba a cidade por unha ruela entre casas e non pasaba ninguén agás un rapaz que corría para tocarme e fuxir. Quérennos dobregadas, medorentas, submisas e para iso incúlcannos o medo a saír e a culpa pola nosa forma de vestir ou actuar.
Recentemente, falando da raíña Urraca, convidei as persoas que me escoitaban a reparar en como a oposición política contra ela estivo toldada pola violencia de xénero, xustamente contra unha muller que foi consciente do maltrato sufrido a mans do seu segundo marido, Alfonso o Batallador, como comprobamos na Historia Compostelá, naqueles capítulos en que aínda non se evidencia completamente a rivalidade con Xelmírez. Pois ben, cando os burgueses de Compostela se enfrontan á raíña, non só atacan a coroa, senón que agriden a muller. Espila en público no Obradoiro foi un acto perpetrado por mor do seu xénero, un ataque nacido dunha mentalidade que negaba ás mulleres a capacidade de exercer o poder, o conflito en que Urraca se viu inmersa desde moi cedo e contra o que loitou toda a súa vida.
Alguén podería pensar que estas son cousas do pasado e que hoxe non nos veriamos nesta tesitura. Erro.
Este mesmo outono tiven que acudir ao xulgado, pois tiven que presentar unha denuncia contra unha delegada e unha integrante da sección sindical doutro sindicato por ter realizado contra min e os meus compañeiros diversos actos (golpes e insultos) destinados a impedirnos o desenvolvemento da nosa actividade sindical (o que quedou probado na sentenza que as condenou por un delito leve de coaccións). Foi durante un pequeno acto de despregamento dunha pancarta reclamando melloras nun convenio.
As atacantes, cegadas polo seu odio contra a CIG e contra a nosa denuncia permanente das agresións ás condicións de traballo na súa empresa, arremeteron contra nós. Cando se dirixiron a min para impedirme que continuase co reparto da información que estaba a realizar, non só tentaron sacarme o móbil ou os lentes, agarrarme polos brazos ou zarandearme, senón que proferiron insultos que facían referencia a onde debía meterme determinados obxectos ou se gozaba ou non na miña vida. Non podo ser máis explícita, porque eu mesma sinto vergonza ao lembralo. Vergonza como a que debeu sentir o tribunal ao escoitar aquelas barbaridades que eu gravei co meu móbil co coñecemento de quen me insultaba.
Agora que está de moda saír nas redes sociais dicindo #amintamén, creo que é o momento de facer visíbel tamén esta modalidade da violencia de xénero, e as mulleres que somos delegadas sindicais coñecemos ben casos coma este, pois padecémolos unha e outra vez.
Exercen a violencia contra nós porque somos mulleres e isto non podemos cambialo soas, nin as nais, nin as profesoras, nin as médicas, nin as avogadas, nin as psicólogas, nin as xuízas… facemos falta todas e todos. O conxunto da sociedade asumindo unanimemente o diagnóstico da situación en que estamos e as medidas necesarias para mudala.
Mentres non sexa así, estaremos remendando unha e outra vez os cobertores que seguen a rachar, e así até a eternidade, penélopes condenadas a gardar o lume sagrado do patriarcado.
Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966)
Licenciada en filología gallego-portuguesa y docente en Enseñanza Media. Suele ser clasificada en la Promoción de los 90, por haber publicado su primera obra en esa década.
EN LA PIEL de ciruela que me cubre
crecí desde el jardín de mi infancia.
La casa se cerró, yo mudé el viento.
Aún soy carne madura de ciruela
y soy agua y almíbar en agrura.
. . . . . .
SOMOS DE luz, de viento, de miseria,
breves caminos en el trecho del día,
piedras de sal olvidadas en calles
silenciadas y lentas.
Las horas no son. Los pasos no llegan
y los sueños sumados sólo ven una luna,
llevamos en las manos las flores del pasado
que no duran el instante que las cruza.
Somos de luz, de viento, de miseria
breves caminos de sal en calles yermas*.
Recibió los premios de poesía González Garcés 1995, Martín Códax 1998, O Figurante 2013 y Joam Carballeira 2013, entre otros.
Su obra figura en diferentes publicaciones colectivas, entre ellas Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina, Negra Sombra, intervención poética contra a marea negra, o Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero. También aparece recogida en antologías como: Para saír do século, nova proposta poética, Ed. Xerais, dEfecto 2000, Letras de Cal, Novas Voces da Poesía Galega, Consello da Cultura Galega, Veinte puntos de fuga, del Ministerio de Cultura de Venezuela, Antología de Joven Poesía Gallega del portal www.enfocarte.com, Compañeira tristeza, del Centro de Estudios Gallegos de la Universidad de San Petersburgo, Poetes gallecs d'avui, Llibres de él Segle, Metamorphoses, vol. 22, Galician poetry, Massachussetts. En estas antologías poemas de su autoría fueron traducidos al español, catalán, ruso e inglés.
Publicó también el libro de viajes Baixo Miño 2009, o los textos del proyecto Un mar de mlljeres 2010.
Ha participado en encuentros literarios internacionales en Brasil, Cuba o Irlanda. Colabora como articulista con diferentes medios de comunicación y en ellos publicó series de artículos como: “A muller que le”: http://www.terraetempo.gal/artículos_colaborador.php?colaborador=216
Investigó sobre la sintaxe del gallego medieval. Su reflexión literaria se ha centrado en el papel de la mujer escritora, en su generación o en el significado simbólico del mar en la poesía gallega y ha publicado estudios sobre la obra de diferentes poetas gallegos.
Algunos de sus poemas fuoron musicados:
Balada das costureiras esquecidas por Carme Penim: https://vimeo.com/235183641
Torrente feminino (fragmento) por Xardín desordenado: https://soundcloud.com/xardin-desordenado-1/o-torrente-feminino-marta-dacosta
Páxina na Asociacións de Escritoraes en lingua galega: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/marta-dacosta
Caderno persoal na rede: http://www.blogoteca.com/acuatica07/index.php
Cicatrices: https://www.youtube.com/watch?v=-2EqVxRNPAI
Tensy Gesteira Estevez en Lecturafilia:
"Los poemas de Marta son un combate continuo, y son de obligada lectura para que el mundo no se aletargue, para que sigamos luchando contra todo lo que se nos impuso y que en realidad no nos identifica: una lucha contra el silencio, contra la violencia, contra ser alguien diferente?"
"Siempre conviene recordar, recuperar la memoria. Y de verdad que cada día valoro más esta poesía combativa, en la que los puños equivalen a las palabras, y las armas son los versos que disparan en nuestra conciencia para no dejarnos indemnes y provocar una inminente reacción."
María Reimóndez, en la plataforma de crítica A Sega:
"La de Dacosta es una memoria que se rebela, que se niega a construir la casa del padre y del esposo, que por fin da voz a las trabajadoras que quedaron sólo en la imagen, como las mujeres retratadas en cuadros, fotografiadas (por Ruth Matilda Anderson, por María Caldarelly) y en esa voz rescata la artista y el objeto para hacer de ambas, sujeto.
Pero a lo mejor la rebeldía más intensa es aquella que, siguiendo a Rosalía de Castro en Cantares, toma lo que otros denominaron feo e inútil y lo hace hermoso: desde Guillermina que baila entre el granito como flores hasta el cuerpo que envejece de las mujeres. Un cuerpo por el que pasa el tiempo no para condenarlo, como nos dicen todos los mensajes que nos rodean, sino para mostrar con sus cicatrices que “venció”.
https://es.wikipedia.org/wiki/Marta_Dacosta
https://valminor.info/opinion/desde-a-paraguda
http://www.heroinas.net/2017/01/balada-de-las-costureras-olvidadas.html
http://www.blogoteca.com/acuatica07/index.php?cod=17734
No hay comentarios:
Publicar un comentario